15 ago. 2017

De FeC a “Ferrol en Coma” Cap. 1

Hai uns días no Grupo de Facebook "Ferrolaneando" realicei unha pregunta;

Sabédes o nome do empresario (afín a IU) beneficiado polo mural feito en Esteiro??...
O pouco iniciouse un debate no que entrou ao trapo o concelleiro Suso Basterrechea, este en todo momento tentou facer ver á xente que eu estaba confuso, que non existía afinidade deste empresario con IU, pois non estivera afiliado nunca ( facilitou o nome do mesmo, así como a empresa beneficiada RUN RUN

Basterrechea, non deixaba de insistir e pedirme que recoñecese que este empresario fora na lista de Marea Ártabra. Cousa sabida, pero para nada desacreditaba a miña afirmación (empresario afín a IU). 

Ao pouco "pintaronlle a cara de rosa" ao consabido Concelleiro. Chamáronlle MENTIREIRO, e con razón, esta é a captura de pantalla...





POLO TANTO, O EMPRESARIO TIÑA AFINIDADE !!!

AGORA QUEDA A DUDA DE SI ESTA EMPRESA ERA A AXEITADA PARA SER ACREEDORA DO CITADO CONTRATO, ou si foi beneficiada para poder facer un "encaixe legal" para facer o mural que querían facer, cos artistas elexidos por eles...

OLLADE ESTAS ADXUDICACIÓNS !!!! 

CONCERTO DE MIGUEL LAMAS QUUARTET NO TEATRO JOFRE O DÍA 09 DE FEBREIRO DE 2017

Importe total 3388 € 
Adxudicatario RUN-RUM AXENCIA S.L.


Proxecto de intervención artística de referentes entre a mocidade
Importe total 21598,5 €
Adxudicatario RUN-RUM AXENCIA S.L.

CICLO DE MÚSICA "A FEIRA DO XOVES" NO TORRENTE BALLESTER 1º SEMESTRE
Importe total 13068 €
Adxudicatario RUN-RUM AXENCIA S.L.

O tema é serio, aínda que o único que lle preocupaba ao Sr. Basterrechea era que o meu post en Facebook non tivese apenas "LIKES"
Que repare nas estadísticas do blogue !!


NON TIÑAN AFINIDADE !?..........  jajajajaja.... O QUE NON TEÑEN É VERGOÑA!!!
EN BREVE MÁIS NOMES DE EMPRESAS BENEFICIADAS, ETC ETC....



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

30 jun. 2017

Vergoñenta proposta turística do Concello de Ferrol

A nova proposta turística do Concello de Ferrol sáese. Ofrece percorrer a costa ferrolá en taxi. 

Saídas desde a praia (NON APTA PARA O BAÑO, NIN AGORA NIN EN 30 ANOS) de Caranza (ata a praia de Ponzos 

Trátase dun convenio de "colaboración" con "Radio Taxi", Máis ben é un convenio de LUCRACIÓN con este colectivo afín o P€P€, tal como acreditaron coa súa presencia moitos deles asistindo o acto de campaña electoral de Feijóo na Malata

Se falásemos dunha ruta en transporte público e a prezos dignos, sería algo moi distinto, pero isto é unha aberración.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

17 may. 2017

"En Galego sen límites" e sen @s de Ferrol

Premer para ver as fotos
"En Galego sen límites"

Ese era o lema da manifestación celebrada hoxe en Compostela, co fin de reivindicar o dereito para usar o noso idioma.

Como sucede todos os anos a praza estaba petada, pero con notables ausencias.

A coalición electoral que goberna Ferrol, FeC non tivo representación algunha, (a non ser que designasen ao Sr. Cebrales para exercer tal función).

Sei dun concelleiro que estivo nos actos do día das Letras Galegas en San Xurxo, e dunha concelleira que lle foi imposible por problemas personais.

Pero o resto deles qué facían???......

Igual algún deles estivo ocupado cos seus quefaceres institucionais, promocionando ao Parrulo de Futbol sala, ou tentando pelotear ao Presidente do club de baloncesto feminino "Universitario" , ( ex concelleiro de IF con Juan Fernández, e critico opositor á esquerda como tertuliano en Radio Voz).
E vou supoñer, que outro dos poucos que quedan pasou o día buscando un raro compositor moldávio descendente de pais escandinavos, especialista en tocar castañuelas checas coas orellas, porque o raro e rebuscado parece cultura e véndese mellor.


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

1 may. 2017

O peor 1º de Maio na historia de Ferrol.

Premer para ver as fotos
Por unha banda a manifestación de CC.OO e UXT, con apenas 1000 manifestantes, que unha vez chegados á Praza da Constitución quedaron en 400. A lectura que quito da mesma é que vin partidos de esquerda desfragmentados, militantes dispers@s e escondid@s uns doutr@s. Algún tivo que encher a pancarta con xente de recente afiliación, e outros non levaron pancarta porque literalmente non asistiron. 
Premer para ver as fotos
Os mal chamados movementos sociais desaparecidos, e tampouco se lles fixo en falta.

Á mesma hora, na Praza Vella de Ferrol Lanuxe, manifestábase a CIG, arroupado polo BNG, Causa Galiza, e unha representación do FEGAMT. Esta contou coa presenza duns 400 manifestantes.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

29 abr. 2017

Outro incendio en Ferrol,

(Premer para ver as fotos)
Como xa vén sendo habitual desde que chegou o bo tempo, algún desgraciado dedícase a prender lume nos nosos montes. Esta vez tocoulle á zona das Lagoas, (entre Mandía e Papoi). O lume iniciouse sobre as 13 horas e nestes momentos parece estar controlado. Non é de estrañar, pois os bombeiros nesta ocasión á parte de levar os camións con auga (cousa que non sucedeu no anterior incendio en Mandiá) tiñan medios dabondo, e tanto, na zona había un camión para cada bombeiro, un total de dous.
Encomiar o traballo dos bombeiros de Ferrol, pois os pobres déixano todo.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

24 abr. 2017

Outro lume asolou na xornada de hoxe o monte O Piñón (Entre Covas e Papoi)

Premer para ver fotos
Outro lume asolou na xornada de hoxe o monte O Piñón (Entre Covas e Papoi), este foi sufocado nun par de horas grazas á rápida intervención dos efectivos contra incendios. Todo o contrario ao recente incendio de Mandiá, no cal os coches bomba foron a apagar o incendio sen auga. Ningún medio de desinformación fíxose eco da noticia, e poucos son os que citan que no mesmo ardeu un vehículo dos GES de Mugardos. Onte mesmo se facía público un comunicado por parte deste grupo operativo, no cal citaban as deficiencias coas que lles facían traballar os mandos operativos da Xunta de Galicia.


Comunicado feito público por parte dos Representantes de los efectivos del Grupo de Emerxencias Supramunicipal-GES- de Mugardos


Ante la pérdida de una motobomba en el incendio forestal de Mandía, en Ferrol, ahn remitodo un com unicado en el que detallan como han ocurrido los hechos.

"Ante la dantesca situación vivida en las últimas horas nos vemos en el deber, como representantes de los trabajadores de dar a conocer la situación vivida en el incendio de Mandiá.

Como y por desgracia habitual en los últimos 5 días este sábado fue un día intenso, otro de esos días en los que tocaba "trabajar a reo 20 horas", pero en ningún caso esperábamos que finalizara el día con tan malas noticias, que la fortuna hizo que no fueran aún peores.

Somos movilizados para un incendio en Mandía, Ferrol. El lugar desplazamos los 3 efectivos de guardia con la B.F.M (Bomba forestal) y el B.U.L (Bomba urbana Ligera), con la finalidad, como es habitual en los últimos días de tener un vehículo que abastezca y otro, que de la manguera a las cuadrillas de medio rural que atacan los incendios, nuestra presencia continua, y la disposición a salir inmediatamente a los puntos, y contar con señales prioritarias nos hace, junto con los bomberos, en ser las primeras motobombas que llegan a los incendios.

En este caso, el director de extinción decide hacer un tendido desde la motobomba forestal, y , extrañamente, indica que nuestra bomba urbana se dirija a dar cobertura a una brigada en cabeza del incendio, según él, lugar aparentemente libre de peligro.

Se despliegan las líneas de ataque y la cuadrilla comienza a trabajar, una vez colocada la motobomba en la posición indicada por el agente, a la postre, sin vía de escape posible. En un momento dado, nuestro compañero detecta que la situación se torna peligrosa, no contando con medios de comunicación (los portófonos fueron solicitados a distrito hace más de un mes en el anterior incendio de Mandiá) él no puede más que hasta por dos veces extinguir los focos que prenden alredor de la motobomba con el acarree de pronto socorro, pero inmediatamente nota que está quedando sin agua, intenta maniobrar pero la situación de la motobomba, sin vía de escape y en una cuesta pronunciada hace imposible el escape.

Por teléfono (no contamos tampoco con comunicaciones en el servicio) contacta con los compañeros para solicitar refuerzos, y , aunque inmediatamente los compañeros Bomberos de Ferrol desplazan su B.U.L al punto ya es totalmente imposible la extinción, las botellas de aire arrancan la cabina en una situación de más de 5 metros de llamas totalmente rodeado y nuestro compañero, intentando salvar algún material escapa de milagro, viendo como arden más de 450. 000 euros en material de salvamento entre la motobomba y todo el material.

A todas luces, creemos que la decisión del director de extinción no fue acertada, aunque, esto forma parte del día a día de nuestro trabajo, tomar decisiones en un corto espacio de tiempo. El verdadero responsable y el criminal fue el que prendió fuego al monte.

Además del delito ecológico calcinó un B.U.L y material que desde este momento no está disponible para nuestro servicio, no podemos (excarcelar, hacer rescates en altura o intervenir en incendios urbanos....), aunque todo esto, para nos, los parecen el mal menor ya que nuestro compañero está a salvo.

Queremos agradecer especialmente la presencia de nuestra alcaldesa en el punto, y su disposición a reclamar la inmediata reposición del material para que podamos seguir trabajando, así como agradecer a todos aquellos que se acordaron de nosotros, políticos del Ayuntamiento de Mugardos, amigos, familiares etc.

Especialmente agradecidos estamos a la Policía Local de Ferrol y por supuesto a los Bomberos de Ferrol, demostrando que además de grandes profesionales son unos compañeros sublimes, de verdad, gracias."


Referente a este comunicado quero felicitar a estes traballadores/as pola labor que realizan, poñendo en perigo as súas vidas, pero ao mesmo tempo criticar a falta de total veracidade do comunicado, pois omiten a falta de coordinación de TOD@S, indo apagar un lume sin auga, metendo o camión (pese a ter ordenes) por un carreiro polo cal sabíase que non pasaba, e porque foran previamente advertidos in situ por parte dun octaxenario, dono do cacho de monte contiguo, e coñecedor do terreo.  



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

22 abr. 2017

Descontrol total das forzas de extinción de lumes no incendio en Mandiá.


Premer para ver as fotos
Descontrol total das forzas de extinción de lumes. Un camión motobomba pertencente o Concello de Mugardos quedou atrapado nunha pista, para máis fatididade este non levaba auga, e os dous bombeiros que o ocupaban tiveron que escapar. Inmediatamente solicitaron que se achegasen reforzos á zona, (os mesmos estaban a escasos 30 metros deles), pero non tiñan ningún vehículo con auga. 


O descontrol era tal que mentras o xefe de bombeiros de Ferrol facíase a foto ao carón do Local Social dun lume extinto, o camión do concello de Mugardos estoupaba en cinco fortes explosións, avivando o lume de tal xeito que casí acaba chegando as vivendas limítrofes.

Mandos da Xunta de Galiza deron ordes os brigadistas de vixiar e prohibir o acceso ao lugar onde "reposan os restos" do camión siniestrado. 






Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

2 abr. 2017

Acto simbólico na defensa do Escornabois

Fotos do acto
Este acto simbólico organizado pola Comunidade de Montes de Marraxón, consistiu na construción dunha pirámide de madeira de piñeiro, a finalidade da mesma é poder servir de alimento para a larva do Escornabois. Especie cada vez máis ameazada, e cuxas larvas tardan ata 5 anos en alcanzar a súa fase de adulto, unha vez dada esta metamorfose tan só contan cuns días de vida para aparearse e empezar así de novo o seu ciclo vital .

O evento estivo encabezado polo alcalde de Fene, Juventino Trigo (Tino), Tomás da Curveira en representación da Comunidade de Montes, e Pablo Torrella, da SGHN, que se encargou de explicar aos presentes a importancia de preservar o medio e encomiar estes xestos na defensa da natureza.

Onde foi erixida a pirámide de madeira cometeuse a repoboación dalgunhas árbores autóctonas, e posúe unhas charcas artificiais das cales xa gozan os anfibios, vertebrados e invertebrados que habitan a zona.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

19 may. 2016

A Marcha Mundial das Mulleres conmemora o 24 de Maio o Día Internacional das Mulleres

Este ano A Marcha Mundial das Mulleres conmemoramos o 24 de Maio
 Dia Internacional das Mulleres pola Paz 
presentando a campaña que a Marcha xunto con BDS iniciamos para apoiar e dar a coñecer a acción da Flotilla da Liberdade “ MULLERES RUMBO A GAZA”  na que mulleres de todas as partes do mundo faranse á mar para resaltar o importante papel desempeñado polas mulleres palestinas na loita do seu pobo e as súas resistencias non so ao estado de Israel senón tamén á discriminación e o patriarcado.

É por isto que vos convídamos o próximo martes día 24 de maio ás 19:00h. no Ateneo Ferrolán á charla na que falaremos mulleres da Marcha Mundial das Mulleres e activistas de BDS.

Gustaríanos contar coa vosa presenza para dar especial importancia e relevancia a este proxecto no que por primeira vez as mulleres somos as únicas protagonistas  nunha acción deste tipo.


"As mulleres decidimos"

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

9 abr. 2016

Actos en Ferrol en torno ao 14 de abril, conmemorando o 85º aniversario da proclamación da II República

A *Plataforma pola República.

Organiza os seguintes Actos en torno ao 14 de abril, 85º aniversario da proclamación da II República 

- Luns 11 de abril, ás 19 horas, no Ateneo Ferrolán, proxección de “O segredo da Frouxeira”. Documental dirixido por Xosé Abad que narra os efectos da represión sobre catro familias ferrolás a de Alejandro Porto Leis, ultimo alcalde republicano de Serantes “paseado” xunto a tres veciños en 1938. Unha familia dividida pola súa ideoloxía, catro familias rotas por un crimen político e setenta anos de medo (www.osegredodafrouxeira.com)

- Xoves 14 de abril, ás 19 horas, no Ateneo Ferrolán, proxección de “Crónicas Republicanas”. Peza audiovisual que mezcla teatro, radio e imaxe, nun percorrido por sucesos socio-políticos ferroláns dende a II República ate hoxe. Dirixida por Miguel Castro sobre guión del mesmo e de José Torregrosa. - Encontro, a continuación, onde Carlos Etchevarría, cofundador e Ex-Presidente do Ateneo Republicano de Galicia, falará en nome da Plataforma pola República.


A pola Terceira!! unha Terceira República en Paz, Xustiza e Progreso.

*Constituída polas asociacións: Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán, e por Anova, Decide En Común, Espazo Ecosocialista, Esquerda Unida, Psdeg-Psoe e Terra Galega.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

Programa IX Edición da Poesía Salvaxe

MÉRCORES, 13
Ás ​ 18,30 h / PALCO DO CANTÓN :
Proclama POÉTICO­ POLÍTICA  (​Guillermo Ferrandez, Victor M. Diez, Karlotti e Felipe Zapico )  E posteriormente intervención dos poetas presentes que desexen voar os seus versos.
                              
Ás ​ 22,30 h / BAR CAZADORES; ​
AL VIDAL, ZAPICO Y AZÉFALO, NARCISO TEATRO, ROGER DE FLOR   e poemas e música, dos poetas e da poetas que van chegando a nosa cidade.


XOVES, 14 ​    
Ás ​ 11:00 h / HOTEL SUIZO:
Beat Room Hotel (aforo limitado) faránse acompañar polos asistente, a unha suite, e con textos de Jack Kerouac, Ginsberg, ​ Neal Cassady, Gregory Corso​ , etc.                                ​ Gozaremos dunha Experimental posta en escena da poesía da ​ Beat Generation                            

Ás 12,30 h / MERCADO DA MAGDALENA:
Incursión poética a cargo d@s poetas ​ Raquel Nobre Guerra, Ana Cibeira, Tiago Gomes. Victor M. Diez, Karlotti, Al Vidal…                           

Ás 14:00 h. / Poetas e Poemas nas rúas                             ​

Ás 18:00 h / ATENEO FERROLÁN:
Raquel Nobre Guerra, QUICO CADAVAL,

E a continuación Homenaxe múltiple a República.                               

Ás 20:00 h / BAR GUARISNAIS:​ 
SILVIA PENAS​  e KALI FERRANDEZ

Ás 22:30 h / SALA SUPER 8​:
Tiago  Gomes (voz), Francisco  Rebelo (guitarra)​ , co o espectáculo  do  grupo The  Big  Lebowskis. ​


VENRES, 15
Ás 11:00 h / HOTEL SUIZO:
Segundo pase de​  ​ Beat Room Hotel.                          ​

Ás 12:30 h / MERCADO DE RECIMIL:
LUCÍA ALDAO, MARIA LADO, SILVIA  PENAS, e DORES TEMBRÁS

Ás 14:00 h /  Rúa Do Sol, na TABERNA O´XUSTIÑO, e na rúa Madalena, na TABERNA O´CANDIL                                ​

Ás 17:00 h /  Na​  ​ LANCHA da Ría:
Voaremos poemas cas Rimas do noso Mar.   Dores Tembrás​ , e ​ Silvia Penas, e todos nos, MIGUEL NEIRA​ , GAITA NA RÍA                              

Ás 20:00 h / CAPELA DO TORRENTE:
Con todos nos, QUICO CADAVAL

Ás 22:30 h / MANCHITA COSA:
Serxio Garcia e Leo Arremecághona, Itha K. Kátartika, ROGER DE FLOR, Dores Tembrás, Silvia Pena, Eli Zeta, Area Erina, Kali Ferrández, Pedro Campos, Victor M. Diez….

SÁBADO, 16
Ás 13:00 h / Bar CAZADORES:
Manuel RIVAS, precedido pola voz galaico portuguesa de ​ Manolo BACALHAO e coa maxistral compañía de CABE Garcia
Faremos un rueiro ata  FERROL VELLO,  TABERNA O´ÁNCORA.

En todas as actuacións estaremos acompañados polos poetas da NOSA TERRA, e dos músicos  AL  Vidal, Eugenia Manuela Sanmartin, Cabe, Manolo Bacalhao, Roger de Flor, Fefi Naveiras, Marques  das Vinhas. E CONVIDAMOS A TODOS E TODAS, A LER OS  SEUS POEMAS



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.