28 nov 2011

Presentación a cidadanía do xornal "PRAZA PÚBLICA"

PRAZA PÚBLICA é un novo xornal dixital, de calidade, profesional e en galego. Un proxecto xornalístico moi definido e ambicioso, un atractivo deseño e unha ferramenta tecnolóxica avanzada, realizada por A Navalla Suíza. Podes entrar en http://prazapublica.com/ e ver xa a presentación do proxecto. Pretendese que Praza sexa un lugar no que atoparse, no que informarse sobre os temas que os medios galegos non están informando neste momento, un espazo que recolla todas as voces que son silenciadas, unha praza na que debater entre tod@s. Ademais, que @s lectoras e lectores- fagan deles Praza Pública, que a xente axude a construila. A presentación en Ferrol terá lugar na sala de conferencias Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, 30-32) o vindeiro xoves 1 de decembro, ás 19:30 h

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: