2 feb 2012

Catro anos sen Carmelo Teixeiro.

Cúmprese o IV Aniversario do falecemento do noso compañeiro Carmelo Teixeiro, primeiro Coordinador do "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", Antes de falecer deixou dito: "Verei como pechan Reganosa, non o verei cos meus ollos, pero o verei cos vosos".
E na loita seguimos Carmelo, con altibaixos, pero sen desfalecer nin un só día. Cada gaseiro que entra na nosa preciosa ría con destino á ilegal e perigosa planta de gas de Reganosa, ten a súa correspondente réplica cidadá.

O domingo, día 5, ás 12 do mediodía, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convida a toda a cidadanía a participar nunha ofrenda floral na súa memoria, que terá lugar no Parque Carmelo Teixeiro, Caranza - Ferrol

Parque onde unha placa ao pé de tres castiñeiros lembra sua memoria, ollando ao fondo pódese ver a ría na que foron esparexidas as súas cinzas, a poucos metros da ILEGAL REGANOSA, dende onde é observada cada día por Carmelo


Companheiro Carmelo
Carmelo, ou, companheiro.
Velozes passam as horas
e os dias
e os anos
Velozes passam as vidas
e as gentes
e os prantos
Mas não passam os projetos
os desejos
os encargos.
Não passa a memória, não,
fica pressa,
nosso alvo.

Ficam também esses sonhos,
(nossos, deles, doutros)
incompletos nos teus olhos,
os sonhos que cumpliremos
sem demora,
com arroubo
buscando a tua presença
tranquila e acovilhadora,
nas lutas que ti impeças-te,
fruto amargo, indesejável
de tantas heranças mortas.



Carmelo Teixeiro adicou os últimos 10 anos da súa vida como coordinador do "Comité de Emerxencia da ría de Ferrol". Peza importante da "Transición política". Procedente das "JOC", participou activamente no movemento sindical de Bazán nos 70 (participou coma xurado nas eleccións de 1963). Foi fundador do sindicato "USO", posteriormente dirixente de "UGT". Tamén pertenceu dende 1978 á dirección do "PSG-PSOE". Fundador e primeiro presidente da Asociación Cultural Fuco Buxán e da revista "Razón Socialista".


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: