15 feb 2012

CONCENTRACIÓN INFORMATIVA SOBRE A REFORMA LABORAL

DIANTE DA BRUTAL AGRESIÓN QUE PARA A CLASE TRABALLADORA SUPÓN A
"A REFORMA LABORAL" APROBADA POLO PP
A CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA

CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN O XOVES, DÍA 16 DE FEBREIRO ÁS 20,00 H. NA PRAZA DO HIMNO GALEGO EN ESTEIRO (DETRÁS DO LOCAL DO SINDICATO).

¡¡CONTRA REFORMA LABORAL, NON Á ESCRAVITUDE!! PARTICIPA COA CIG.


A central sindical convida a participar a todas as persoas interesadas en coñecer o alcance e as consecuencias que terá para a clase traballadora

A CIG convoca para este xoves, día 16 de febreiro, asembleas abertas nas distintas cidades galegas. A central sindical quere abrir así un debate social, para que se coñeza o alcance e as gravísimas consecuencias que terá a reforma laboral que vén de aprobar o PP, tanto para as condicións laborais e salariais da maioría da poboación, como no que supón de perda de dereitos. Nestas asembleas abordarase tamén a necesidade da convocatoria de folga xeral, que a CIG ten prevista para finais do mes de marzo, como única forma de frear, tanto esta reforma, como todas as medidas que xa se foron aprobando e as que se prevé que se impoñan a través dos orzamentos xerais do estado.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: