6 jun 2012

Rolda de Prensa do "Comité Cidadán de Emerxencia"

Hoxe o "Comité Cidadán de Emerxencia" deu unha rolda de prensa para facer unha pequena valoración da sentenza (Esta sentenza é inapelable) ditada polo Tribunal Supremo, que falla en contra dos intereses da IL€GAL R€GANO$A.

A lectura dos nomes dos compañeiros do Comité de Emerxencia finados nestes anos deu lugar a que brotasen bagoas en moit@s d@s presentes, entre eles/as atopábase a muller de Carmelo Teixeiro, presente dende o primeiro día de loita contra esta ilegalidade.

Segundo o alcalde do BÑ-GA$ de Mugardos, Xosé Fernández Barcia ‎"O Supremo non cuestiona a legalidade da planta, senón o procedemento". O Alcalde NACIONALISTO tira de novo dos seus amigos do P€P€, decindo que confía en que o DESGOBERNO galego do Sr. Feijóo aprobe o cambio "en poucos días"

O Comité Cidadán, sinala que a ubicación de R€GANO$A foi un "pelotazo" do grupo Tojeiro, accionista e promotor da planta de gas, (Aparte de amigo íntimo de Fraga Iribarne) que obtivo sete millóns de euros de beneficios pola venda deses terreos aos seus socios accionistas.

Fotos da Rolda de Prensa




Sentenza do TSXG 0311-2008 Modific Plan Mugardos



Sentenza do Tribunal Supremo. Modif Puntual 11 maio 2012

http://artabra21.blogspot.com.es/2012/06/rolda-de-prensa-sobre-sentenza-do.html

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: