16 ago 2012

Agresión do P€P€ a un colectivo de Ferrol con máis de 17 anos de traballo social

Prezadas compañeiras e compañeiros,

Dende a Asociación Lazos Pro Solidariedade queremos solicitar, se así o considerades, o voso apoio e solidariedade, trala situación que estamos a atravesar, asinando o documento que vos enviamos e participando, de forma presencial, na rolda de prensa que se levará a cabo o vindeiro luns 20 de agosto, ás 11.30 horas, no local da entidade. (o local da entidade se atopa na Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo-Ferrol).

Comunicado de denuncia e solidariedade coa Asociación Lazos

As entidades, organizacións e asociacións abaixo asinantes, queremos denunciar ante á opinión pública, e ante as institucións que corresponde, os seguintes feitos:

A Asociación sen ánimo de lucro Lazos Pro Solidariedade- Comité antisida de Ferrol, fundada no ano 1995, con 17 anos de funcionamento, formada por persoas afectadas polo VIH e a Sida, polas drogas, pola exclusión Social e por profesionais do ámbito educativo e sociosanitario, está a atravesar nestes momentos unha situación crítica.


A demanda nos programas que desenvolve a entidade , veuse aumentada exponencialmente, ata o punto de estar preto do colapso asistencial. Nos 6 meses que van deste ano 2012 , a entidade xa leva atendido máis demandas que en todo o pasado 2011. A día de hoxe, atendéronse un total de 4.610 demandas no local da entidade.

A asociación traballa en dous ámbitos ben diferenciados: O ámbito da exclusión social e o ámbito da infección polo VIH, sendo a única entidade da comarca destas características.

Cada día a entidade, atende a máis de 35 persoas en situación de exclusión social nos diferentes programas.

Dado que o Concello de Ferrol, reduciulle un 70 % o orzamento con respecto ao pasado ano, a opinión pública debe saber que esta redución implica que o 60% das persoas usuarias, non poderán ser atendidas.

Ante esta situación de emerxencia a primeira medida que se veu obrigada a tomar a entidade, foi ter que prescindir a dúas profesionais do equipo técnico. Isto implica que o ratio usuario/profesional pasa a ser de 35/1, cando anteriormente era de 12/1; resentíndose con isto tanto a calidade coma a eficacia das intervencións. O único profesional que ate agora, continua traballando non esta garantido que poida continuar máis alá do mes de setembro, do presente ano. Se a situación non revirte, a entidade se vería obrigada a pechar.

A actividade da asociación supón un beneficio social e económico para o conxunto da cidadanía. No ámbito do VIH unha persoa diagnosticada e tratada correctamente, supón un aforro económico no ámbito sanitario e social ao ano de 40.033 €/ano para as Administracións públicas. No ámbito da exclusión social, as persoas que dispoñen dunha rede de apoio, e programas de atención e contención social, funcionan con maior autonomía e polo tanto son menos demandantes de recursos sociais. A isto hai que engadir que todas estas acción constrúen unha sociedade mais democrática e máis xusta.

A situación de falta de apoio institucional que se vive nestes momentos, só pode ser entendida desde o descoñecemento da actividade e beneficio social que supón o funcionamento de lazos no noso concello, ou desde a falta de sensibilidade e compromiso, da actual corporación fronte a estas problemáticas.

Ante esta grave situación as entidades abaixo asinantes, esiximos que o Concello de Ferrol dote de recursos a Lazos Pro Solidariedade, para que non teña que pechar e deixar sen asistencia a un amplo número de persoas en situación de exclusión e emerxencia social.

Convidamos a toda-las entidades a adherirse ao comunicado de denuncia e a participar na rolda de prensa que se desenvolverá o luns 20 de agosto, ás 11.30 hrs no local da Asociación. ( O local da entidades se atopa na Avda dr Fleming 8-10 Baixo.

Agradecendo o voso apoio e solidariedade, vos saúda,

Carlos Varela

Presidente de Lazos Pro Solidariedade

NOTA: Para adherirse ao comunicado podedes respostar a este correo comiteantisidaferrol@gmail.com.

LAZOS pro Solidariedade-Comité antisida de Ferrol
Asociación de afectados/as polo VIH, polas drogas e exclusión social

Dirección sede: Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo, 15401 Ferrol ( A Coruña )

Tfno./Fax 981350777

Tfno. Móvil :698147975

Dirección web:
http://comitelazos.blogspot.com.es

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: