6 mar 2014

O Compañeiro e Activista-Audiovisual, Xosé Bocixa, gaña a IV CERTAME DE CURTAS PARA ROSALÍA

Moitos parabéns compañeiro!!

Xosé Bocixa, gañador da "IV CERTAME DE CURTAS PARA ROSALÍA"

Convocada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, na súa IV Edición. As curtas trataban sobre a vida, obra ou calquera outro aspecto da escritora que puxeran de manifesto a súa vixencia e acutalidade. Nesta edición podianse presentar curtas que interpretasen ou explorasen calquera texto, de calquera época, da Literatura Galega.

Outros traballos para visualizar:
Carga de dignidade (2013)
A lingua galega. Reflexións na etapa Feijoo (2012)
A Casa das Atochas (filme colectivo en construción) (2011)
Lembranzas das Encrobas (2010)
As Encrobas. A ceo aberto (2007)
Historia do A Nosa Terra (2007)

Na Wikipedia/GZ 

Participa dende novo en distintos movementos cidadáns e culturais. Profesionalmente tamén fixo dobraxe, produción, atrezzo etc. Como músico, a finais dos anos oitenta Bocixa foi un dos fundadores do grupo de rock Zënzar, co que segue tocando dende aquela, con seis traballos no mercado (Disparados ao futuro, Rocanrol, Todo vai ben, Sigue e dalle (cd-dvd), A Tribo e ZËNZAR ao vivo (dvd)). Son a banda máis veterana do rock galego. No 2012 publicaron o seu sétimo traballo producido como é habitual por Javier Abreu. Como xornalista, traballou en RTV Cerceda e A Nosa Terra Dixital. Colaborou varios anos na revista Tempos Novos e outros medios especializados en música. Na actualidade colabora con diversos medios dixitais, sendo habitual a súa colaboración en Galicia Confidencial con traballos audiovisuais. Na actualidade desenvolve a súa labor profesional de xeito autónomo como realizador no proxecto TingaLaranga Audiovisual ofrecendo servizos de comunicación audiovisual.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: