26 ene 2015

Mañá martes, 77 cabodano do asasinato de Amada García

Mañá martes, 27 de xaneiro, ás 17.00 horas no castelo de San Felipe de Ferrol, homenaxe no cabodano do fusilamento de Amada García e os outros sete compañeiros que morreron asasinados aquel día

Amada García foi detida estando embarazada, facendo que máis tarde o Consello de Guerra aprazase a aplicación da sentenza de morte á que foi condenada, ata o nacemento do fillo seu fillo Gabriel. Á espera dese momento, estivo confinada no Cárcere de Mulleres de Ferrol, logo o 31 de outubro de 1937 ao Hospital de Caridade de Ferrol, onde pariu. 88 días despois, o 27 de xaneiro de 1938, foi conducida ao castelo de San Felipe. Alí foi executada, por un pelotón de fusilamento, canda ela foron executados o mesmo día outras sete persoas da nosa bisbarra: Antonio Eytor Cañizo, José María Montero Martínez, Ángel Roldos Gelpi e Juan José Teijeiro Leira de Mugardos; Jaime González Pérez e Ramón Rodríguez López de Ares; e Germán López García de Cabanas.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: