4 dic 2011

O buque Lafayette, está sendo inspeccionado nas Palmas

Onte, venres, 2 de decembro, ás 19:00hs, o buque "Lafayette", denunciado por explotación de menores, foi remolcado polos remolcadores VB Mediterráneo e VB Balear, ata o Muelle Dique Raiña Sofía.das Palmas, ás 19:30hs, o buque xa estaba amarrado a porto.
Onte mesmo, a policía xa subiu ao navío, segundo informaron medios canarios, aínda que non transcenderon as pescudas.

Pero un "Medio de idiotización" da Illa, parece que xa empezou a traballar para a Consignataria do mesmo, pois xa o ABSOLVE, trátase do Diario das Palmas "La Provincia"

ESTE É O TITULAR
El ´Lafayette´ atraca en el puerto de La Luz sin menores

¿Cómo pode ser cun medio que ten que ser informativo publique este titular cando a autoridade xudicial da Illa ainda non dixo nada?
Outro caso claro de manipulación exponencial, outro merdo medio ao servicio de alguén , e si non é deste xeito, ten todalas trazas.

Italmar (consignatario do Lafayette) dixo, que o día que tiña permiso para o atraque no mesmo porto da Illa, non o fixera, por problemas de conxestión de buques. Feito que NON recoñece a autoridade portuaria das Palmas. (Tal como apreciamos nesta foto, o dique ten capacidade para moitos buques, e en ningún caso hai tráfico maritimo nesa zoa, pois é o máis alonxado da costa)Ademais, negou rotundamente que o buque saíse precipitadamente de Ferrol, e engadíu, que xa tiña previsto efectuar unha reparación de dous en Navantia.

Pola contra, Navantia asegurou que estaría tres meses na ría someténdose a distintos traballos, e apenas fixo un dos tres previstos

Novas
O buque terá que enfrontarse a unha nova investigación, por un posible delito de pesca ilegal. De feito onte pola mañá unha patrulleira da Garda Civil con inspectores das autoridades comunitarias e españolas dirixíronse ao barco á procura de indicios ante unha posible pesca ilegal.

O BNG presentou unha pregunta no Parlamento solicitando información sobre as accións emprendidas tras a denuncia.

Esperemos que estes pequenos non se achan convertido en "comida para peixes", pois o barco levaba días en augas internacionais cambiando continuamente de rumbo e velocidade.

Quen debe tamén estar preocupado polo asunto é o fiscal xefe de Ferrol, Román Ruiz Alarcón, que ao meu parecer, non aplicou todas as ferramentas que lle outorga o estado de dereito, para que este tema quedase resolto en Ferrol. Ese barco nunca debeu saír da ría



Nota de prensa de Esquerda Unida
"Escravitude infantil, solución final neoliberal" - Denuncia de Esquerda Unida no caso do buque Lafayette

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA O ABANDONO DA FISCALÍA PARA PERSEGUIR UN PRESUNTO CASO DE ESCRAVITUDE INFANTIL: "NON CABE CONTEMPLACIÓNS COA SOLUCIÓN FINAL NEOLIBERAL, A ESCRAVITUDE INFANTIL", SINALA YOLANDA DÍAZ

ESQUERDA UNIDA ESIXE Á FISCALÍA DO ESTADO UNHA ACTITUDE RIGOROSA E QUE EXTREME O CELO NA INVESTIGACIÓN DO PRESUNTO CASO DE ESCRAVITUDE INFANTIL DO BUQUE LAFAYETTE. O ESTUDO DAS CINTAS E UN REXISTRO METICULOSO DO NAVÍO SON AS PRIMEIRAS MEDIDAS A DESENVOLVER PARA ESCLARECER A DENUNCIA PRESENTADA

Esquerda Unida a través da súa Secretaría de Dereitos Civís e Liberdades Democráticas demanda da Fiscalía Xeral do Estado que se practiquen co máximo rigor as investigacións oportunas sobre o navío Lafayette, fondeado en augas canarias, que presuntamente emprega man de obra infantil. É o momento de que a fiscalía corrixe a intervención menor e neglixente que aconteceu en Ferrol, onde a embarcación estivo sendo reparada.

A gravidade dos feitos esixe da fiscalía o extremo do celo e a meticulosidad das investigacións en orde a depurar calquera responsabilidade. Yolanda Díaz, responsable federal da Secretaría, esixe unha actuación pública rigorosa que ten que pasar polo menos polo estudo concienzudo das cintas gravadas en Ferrol e dun rexistro exhaustivo da embarcación.

EU quere resaltar e agradecer o traballo e seguimento que desta causa realizaron particulares e diversas entidades sociais, que se encargaron de dotar de visibilidade a unha denuncia que as autoridades públicas descoidaron. Non cabe deixar pasar impune un posible delito por deixamento ou descoido, hai que ser rigorosos en particular co carácter destas denuncias.

Non se poden asinar tratados e convencións internacionais para a protección dos menores, para logo resten papel mollado cando se denuncian posibles casos de escravitude infantil. É nestes casos é cando todos os esforzos e cautelas están xustificados e non cabe optar polo menor ou o puro deixamento. Estas convértense en complicidade con prácticas e engrenaxes económicas inaceptables, que atentan contra calquera lectura non criminal da convivencia social.

EU reclama pois o desenvolvemento exhaustivo da investigación e o reforzamento da persecución de oficio polas fiscalías de todas e cada unha das denuncias que se presenten. A escravitude infantil -vulneración clamorosa de dereitos humanos- esixe dos poderes públicos do Estado unha beligerancia activa no seu combate. Non pode haber tolerancia algunha coas prácticas máis atroces e degradadas do capitalismo, o facer negocio coa infancia. Esas práctica prodúcense e é imperativo combatelas e castigalas.

http://www.esquerdaunida.org/

de EsquerdaUnida Ferrol, o Sábado, 3 de decembro de 2011

A noticia noutras fontes:
El 'Lafayette' atraca en el Dique Reina Sofía


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: