4 dic. 2011

O “Caso Lafayette” fede

As últimas novas recolleitadas , falan de que uns vinte axentes da policía nacional e a Garda Civil, subiron a bordo para comprobar os pasaportes e a documentación dos tripulantes. Nesas pescudas non se atoparon menores de idade, pois tratouse dunha comprobación de documentación. Esa mal chamada “investigación” durou pouco máis de media hora, pois a policía non pode rexistrar a embarcación en profundidade sen orde xudicial. Agardemos que esta orde sexa expedidad coa urxencia que demanda tremenda denuncia, así como a revisión das cintas de vídeo dos astaleiros

Lenbrar co Lafayette ten 229 m de longo, é una pequeña “cidade flotante” con máis de 200 tripulantes. Faría falta “tomar” todo o barco e facer un rexistro concienzudo.

TIRÓN DE ORELLAS

Ao Diario de Ferrol, por non estar a seguir o asunto, limítase a realizar un “copia e pega”. Hoxe mesmo, fanse eco da manipulación (que eu denunciaba onte), feita dende o diario “La Provincia”. O titular deste medio descartaba a existencia de menores, baseandose nunha primeira inspección ocular.
ISTO CHEIRA MOITO
O “Lafayette” foi revisado por catro inspectores de pesca que tentaron determinar a auténtica actividade económica. Ao parecer, durante a visita non se atopou pescado dentro da nave.

Resulta inquiedante esta noticia. Se non foi unha avaría que lles colleu en plena faena, e é unha reparación programada pola consignataria propietaria do barco, ¿Como é que entra en dique de reparación con toda a tripulación? ¿Compensalles levar a reparar un barco tres meses, e seguir pagando á tripulación? Á parte, de ter que pagarles, ¿Cómo os traballadores tragan o estar todo ese tempo afastados das súas familias?


TEMÉNDOME O PEOR

Por se as investigacións non dan froitos, e non existen indicios de posibles menores no barco, a xustiza debía adiantarse a acontecementos, e solicitar os datos de todolos barcos que navegaron a escasos metros do buque “Lafayette” desde a súa saída fugaz da ría de Ferrol. Non vaia a ser que procedesen a un cambio de embarcación. Tamén debían facer unha investigación ocular na ruta trazada por leste, non vaia a ser, que caese algo pola borda en tan rara travesía.


Ligazóns relacionadas
http://www.canariasahora.com/noticia/208844/ http://www.publico.es/espana/410320/otra-denuncia-espera-al-lafayette-en-las-palmas http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/12/04/0003_201112F4C4992.htm


As forzas políticas pronuncianse

"Escravitude infantil, solución final neoliberal" - Denuncia de Esquerda Unida no caso do buque Lafayette

O BNG pergunta no Parlamento Galego polo "Caso Lafayette"

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: