6 dic. 2011

O "Lafayette" no ollo do furacán

O buque Lafayette, denunciado por suposta explotación infantil, e dado a "fuga" de Ferrol, despois de que o fiscal xefe de Ferrol, Román Ruiz Alarcón,decidise arquivar o caso, enfréntase nestes intres nas Palmas a unha denuncia ante o xulgado de garda polo suposto delito de explotación de menores, e a outros catro escritos ante distintas institucións.

Tamén terá que enfrontarse a unha nova investigación. Un día antes de recalar no porto das Palmas autoridades comunitarias e españolas dirixíronse ao barco á procura de indicios ante unha posible pesca ilegal. Xa atracado na Illa, catro inspectores de Pesca da Unión Europea revisaron a nave,
tentando determinar a auténtica actividade económica do buque, sen achar nada que acreditase a actividade pesqueira do buque.

A "Asociación Galega contra os Malos tratos a Menores" (Agamme), máis o avogado especializado en trata de seres humanos, Norberto Fresno, en representación do proxecto "Casa Daniela", reclamaron xudicialmente as cintas gravadas nos estaleiros e o censo do barco. O rexistro no interior do buque require unha autorización xudicial, e as gravacións póden aportar esas probas necesarias para poder intervir no mesmo.

Os representantes destas asociacións din, que existen serias sospeitas de que o censo de tripulantes que o Lafayette rexistrou no porto de Ferrol non coincida co que chegou as Palmas, e témese que o "Lafayette" puido facer un transbordo en alta mar, dado co buque botou dous días en augas internacionais facendo manobras e cambios de velocidade moi sospeitosos, manobras que fanse máis sospeitosas por non estar a faenar.

Medios de manipulación:
A Voz de Galicia recoñece agora que o buque saíu "PRECIPITADAMENTE", (non foi sen tempo)

O Lafayette atracou no dique Reina Sofía do Porto da Luz e das Palmas o pasado venres tras dous días de estranos movementos de achegamento e afastamento da baía da capital. A pesqueiro-factoría arribou á Illa tras partir de forma apresurada do porto de Ferrol o mesmo día no que a Fiscalía da cidade galega arquivaba unha denuncia por un presunto caso de explotación infantil no seu interior.

Ligazóns relacionadas coa información aportada

http://www.canariasahora.com/noticia/209112/

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/11/26/0003_201111F26C6993.htm

De interese:
Carta denuncia dun lector recollida do Diario El Progreso de Lugo, (Clicar na foto para poder ler)



Hoxe mesmo publícase en varios medios esta noticia, na que a policía chinesa rescata a 178 nenos das mafias de tráfico de persoas
http://www.rtve.es/noticias/20111207/policia-china-rescata-178-ninos-mafias-trafico-personas/480594.shtml

As forzas políticas pronuncianse
Esquerda Unida "Escravitude infantil, solución final neoliberal" - Denuncia de Esquerda Unida no caso do buque Lafayette
O BNG pergunta no Parlamento Galego polo "Caso Lafayette"


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: