1 dic 2011

S.O.S posibles menores en perigo no buque Lafayette

Fai uns días denunciei a posible falla de xustiza en torno ao caso do buque Lafayette, con posibles menores traballando nel.

Ese buque, REPÍTOME, DEUSE Á FUGA TRAS SER ARQUIVADA A DENUNCIA POR PARTE DO FISCAL XEFE DE FERROL

Coa axuda dunha compañeira (Elena), realizamos o seguimento do mesmo, podendo observar que se dirixía ás Palmas.

Implicada, como sempre, Elena colleu o teléfono, e sen "cortarse un pelo", chamou a Capitanía Marítima das Palmas, e logrou falar co Coordinador de Seguridade do devandito porto, explicoulle o acontecido en Ferrol, e deixoulle constancia de que nese barco podería haber menores traballando, (falamos de nenos de 10 a 13 anos).


Automáticamente púxose en contacto conmigo. Estaba moi nerviosa, pois a verdade, non é algo no que teña practica, e eu tampouco. Remitiume o número de contacto de Capitanía Maritima das Palmas, e sen perder nin un segundo, collín o teléfono. Eu tardei varias horas en dar falado co Coordinador de Seguridade do Porto, unha vez en contacto con el, extracteille todolo acontecido en Ferrol, así como a nosa inquietude, pola falta de rigor xudicial, e o que criamos que era unha omisión de funcións, que quedaba patente no recolleitado polos diarios que falaban do caso.

O Coordinador de Seguridade, resultou ser un galego da Coruña, unha persoa estupenda que escoitou atentamente o que eu lle dicía, para máis inri, vivira en Ferrol, e gardaba gratas lembranzas da cidade. Pero non podía intervir sen unha denuncia física, aínda que se que me garantiu que o martes, (data d
a entrada do buque), estarían atentos a todo o que poidesen dentro das suas limitacións.
Trasladei o asunto a Yolanda Díaz, de EU de Ferrol. E como era de esperar nela, Yolanda involucrouse, púxose de inmediato en contacto cos compañeiros de EU das Palmas. Mentras, pola miña conta, seguín difundindo a noticia a distintos entes da Illa. E a cousa "marchaba", moit@s compañeir@s esperaban cos "brazos abertos", a que o buque atracase.

Sería cuestión, de que as autoridades xudiciais fixesen na Illa, o traballo, que NON SE REALIZOU EN FERROL.
PERO SORPRESA;

O martes ás 09.00 horas non entrou, (estivo atracado a poucas millas do porto). Con todo, sobre as 21.00 horas deste mércores, cando se aproximaba á baía, e a pesar de que solicitara permiso de atraque á Autoridade Portuaria, o buque modificou bruscamente o seu rumbo e afastouse da Illa en dirección nordés. Á primeira hora deste xoves, o Lafayette xa se atopaba a máis de 44 millas

Antecedentes do feito;
Foi un traballador dos estaleiros quen, tras consultalo con asociacións como Save The Children e Amnistía Internacional, presentou senllos escritos ante a Fiscalía Xeral do Estado e a sección de menores da Fiscalía Provincial da Coruña para denunciar que vira polo menos a unha decena de nenos de entre 8 e 14 anos traballando no interior do buque.

“Ao principio imaxineime que eran familiares dos mariñeiros, pero cheguei a ver a algúns deles cargando sacos de arroz de 25 quilos. Só saían pola noite, polo día estaban escondidos”, relata o traballador en declaracións a CANARIAS AGORA. A denuncia foi presentada o 22 de novembro, data na que, segundo a Fiscalía de Ferrol, establécese o dispositivo policial e arrinca unha investigación que arquiva dous días despois ao non apreciar “indicios de presenza de menores a bordo”. Horas despois desta decisión, o buque partiu cara a Las Palmas de Gran Canaria, a pesar de que a súa intención era permanecer polo menos dous meses máis no porto galego.

A Fiscalía recoñece que non se puido rexistrar todo o buque ao non contar cos permisos de estranxeiría e da embaixada de Rusia. (PORQUE TAMPOUCO OS SOLICITARON)

“Podo confundirme en se tiñan 12, 13 ou 14 anos, pero algúns me chegaban pola cintura. Outros non terían máis de 10 anos”, asegura o denunciante, quen insta as autoridades a revisar as cintas das cámaras de seguridade do recinto portuario, que “abarcan todo o estaleiro, teñen visión nocturna e gárdanse máis dun mes”.

O traballador afirma que algúns dos seus compañeiros chegaron a acceder ao interior do buque despois de que se despregase o dispositivo policial e que viron aos menores “confinados na cociña”. “Debían estar avisados, porque non baixaron do barco máis”, sinala.

No escrito presentado ante a Fiscalía, o denunciante apunta que os nenos “traballaban máis de 10 horas ao día, apenas tiñan roupa, estaban en sandalias e durmían sobre cartóns”. Ademais, incide en que outros traballadores estarían dispostos a declarar como testemuñas, pero non a denunciar por “medo a represalias laborais”.

AGAMME (Asociación Galega contra ou Matrato ao Menor) fixo un chamamento a outras asociacións similares para que “defendan os dereitos dos menores e actúen alá onde vaia o buque, en espera de que ningunha Fiscalía actúe da maneira que o fixo a da Coruña”.


A noticia da Fuga nas Palmas é recollida de: http://www.canariasahora.com/noticia/208532/


Esta é a posición actual do Lafayette, a unhas 46 millas ao norte da Illa



O FISCAL DE FERROL TEN UN NOME..E TODALAS ASOCIACIÓNS, PARTIDOS, E SINDICATOS, DEBÍAN PEDIR A RETIRADA DESTE,

A DIRECCIÓN DOS ASTALEIROS PENSO QUE TEN UNHA GRAN CARGA DE RESPONSABILIDADE NO ACONTECIDO
.
Esta foi miña denuncia o día da "TOCATA E FUGA" de Ferrol

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: