19 dic. 2011

O Fiscal denega a EsCULcA as dilixencias preprocesuais do "Caso Lafayette"

A Fiscalía da Área de Ferrol denegou o pasado 5 de decembro a entrega do testemuño íntegro das dilixencias preprocesuais no caso da alegada explotación de menores no buque Lafayette solicitada por EsCULcA.
Con data 1º de decembro, o fiscal, Román Ruiz Alarcón, requerera a EsCULcA que manifestase o uso que pretendia dar a esas dilixencias, ao que Fernando Blanco Arce, como presidente da Xunta Directiva do Observatorio, respondeu manifestando que a demanda da documentación tiña como propósito exercer control externo sobre a actuación da Fiscalía na dilixente defensa dos dereitos das presumíbeis vítimas do delito (menores de idade), así como propor dilixencias de reapertura desas dilixencias ou, no caso de se comprobar unha actuación insuficiente na defensa dos dereitos dos menores polo Ministerio Público, instar a adopción das medidas disciplinares ou doutro teor que orgánicamente procederen.
O Fiscal desestima a solicitude alegando que a finalidade perseguida por EsCULcA non guarda relación cos feitos investigados senón apenas coa actuación do Fiscal (sic).
Ver aquí escrito da Fiscalía.

Non acado a entender como o Fiscal denega está proba, posto que podía clarexar que a Fiscalía de Ferrol fixo ben seu traballo. Deste xeito so arroxa máis sombras a este xa oscuro caso.


Sinto non ter máis información sobre o "Caso Lafayette", pero estamos vivindo un autentico APAGÓN INFORMATIVO

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: